OS TITIRINAUTAS
FOTOGRAFÍAS
INICIO
COMPAÑÍA
OBRAS EN CARTEL
TÓDALAS OBRAS
CONTRATACIÓN
FICHA TÉCNICA :
Autor : Esteban Losada
Xénero : Comedia
Idioma : Galego e castelán
Público preferente : Infantil ( de 5 a 12 anos)
Duración : 60 minutos
Tempo de montaxe/ desmontaxe : 4 horas/ 2 horas
Potencia eléctrica : 5 Kw / 380-220 v
Espacio escénico : Ancho : 3 m,  fondo  : 3 m,  alto : 3 m.
Actores e técnicos: Eva Sanz, Mercedes Castro, Marián González. Ricardo Costa, Esteban Losada.


POSTA EN ESCENA:
Espectáculo de sala no que o tradicional retablo é substituido por unha serie de elementos móbiles. Os actores mestúranse cos monicreques creando un aquel fantástico.

SINOPSE:
Do lonxano País da fantasía chega a vila de Remos, levando a ledicia a grandes e nenos o andado fantocheiro Rigoberto Sincopeto.
Ao chegares o tempo das choivas non ten onde actuar, polo que lle pide ao conde Pampín que lle preste o seu pazo para poder nel representar.
                O Conde, airado, négase e, de súpeto, dous dos  títeres de Sincopeto, Ocarina e Papatambor, cobran vida vida e desde a súa atalaia nos petos do abrigo do titiriteiro lánzanlle un reto: Se consiguen regresar das illas descoñecidas antes ca el, terá que cederlles o seu pazo, mais se o Conde gaña, eles marcharán e nunca endexamáis voltarán. Pampín acepta e...